Plans Proxecta: Aprendo Programando

Aquí iremos dando conta dos avances no plan Proxecta que estamos levando a cabo no centro co alumnado de 1º de ESO en colaboración coa profesora Susana Gaciño do departamento de Xeografía e Historia. O proxecto chámase "Visita interactiva a un dolmen".

O primeiro que imos ver é á profesora Susana Gaciño explicando na aula o que é un dolmen e máis as súas partes.


Despóis de iso o alumnado comeza a debuxar todas as pezas necesarias para montar o dolmen no escenario de Scratch utilizando o programa Gimp:



Agora xa temos todas as pezas e móntanse no Scratch como obxectos para poder programar a viaxe interactiva:



O 22 de marzo fomos ao dolmen de Dombate para facer unha visita guiada, agora temos moitos máis datos para facer a nosa visita interactiva e fotos que podemos usar para completala. Aquí están algunhas das que fixemos:



 Vista frontal


 Pinturas do corredor


 Idoliños atopados na cámara funeraria


Petroglifos


O alumnado que non foi quen de debuxar ben as pezas aproveitou estas fotos para recortalas e utilizalas como pezas do seu dolmen como imos ver agora
Chanta vertical da cabeceira

Idoliños

Lousa da cuberta

A profesora Ana Isabel Penedo Blanco ofreciu a súa imaxe como guía da visita interactiva sendo este o resultado:


Os proxectos presentados no Plan Proxecta foron os serguintes:

Viaxe por un monumento megalítico



Viaxe interactiva por un dolmen



Viaxe a través dun dolmen 





Entradas populares de este blog